-------------------------------------------------------------------------------------------------
Enlace descarga reseña en castellano
Sinopse
Unha das pezas máis populares do teatro galego é Os vellos non deben namorarse. Estreouse en Bos Aires no ano 1941 e, desde aquela, non deixa de representarse. En verbas do autor, esta farsa é froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor. Escrita <>, Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) deulle cabo en Nova York, como remedio para <> .
Resumo
O libro consta de tres lances ou actos que nos van contando a relación entre tres vellos e mozas que están xuntos como parella por motivos económicos (xa sexa por causa da familia –Pimpinela- ou porque elas están a enganar os vellos coa axuda das persoas que están namoradas – Lela e Micaela-) e un epílogo que une estas tres historias paralelas e que funciona como reflexión final dos vellos.
Opinión Persoal
Recoñezo que nunca, ou case nunca, me interesan os grandes clásicos da literatura, e nos meus plans non estaba ler a Castelao, ata que no instituto puxeron este libro como lectura obrigatoria e gustoume moito para tratarse dun libro obrigatorio e quedei coas ganas de facerme con máis obras del (o autor) e opinar delas aquí. Por iso, tamén opino sobre este.
A grandes detalles, non encontro moito que criticar negativamente. Ten un estilo áxil e uns personaxes ben caracterizados para ser un libro de menos de cento cincuenta páxinas. Os lances son curtos, pero ben narrados sen que notes que a falta algún detalle, salvo no segundo, que quedaría mellor se tivera un par de páxinas máis que explicaran mellor *spoiler* a morte *fin spoiler*
Puntuación
Conclusión
Recoméndoo, ademais de aos amantes, a aqueles que queiran probar algunha obra desta figura clave da literatura galega.

